Eu podo, ti podes, podemos! #ciamariacompostela
Boas, feiticeirxs!! 👀
Énchenos de ilusión subir esta entrada na que vos contamos que, un ano máis, o Colexio Plurilingüe Compañía de María de Santiago contou connosco nas súas xornadas de Eu podo, Ti podes, Podemos 💪
Nesta semana, a institución promove en todas as súas etapas (infantil-bacharelato) a visibilización da diversidade. Para levar a cabo dita tarefa contacta con entidades que traballan con persoas con diversidade funcional, o que permite coñecer diferentes realidades, promocionar o seu labor e fomentar a inclusión.
❤️🧡💛💚💙💜🖤🤍🤎
O luns traballamos con Educación Infantil a introdución do concepto e o lema que as xornadas escolleron este ano: A diversidade fainos medrar. Afirmación coa que, coma non podería ser doutra forma, sentímonos moi representadxs.
Para levar a cabo a actividade partimos dende a lectura, escollendo os seguintes contos segundo o curso concreto:
- Por cuatro esquinitas de nada (3 anos)
- Cirilo el cocodrilo (4 anos)
- El monstruo rosa (5 anos)
Se non os coñecedes, animámosvos a introducirllos axs máis pequenxs da familia, xa que ofertan moitas posibilidades para falar do bonito de ser todxs diferentes 📖
Tras rematar a lectura, acompañada dunhas preguntas para convidar á reflexión, comezamos cos xogos. Neles puxémonos na pel de persoas que viven o seu día a día dende un punto de vista distinto ao noso, xente sen visión, sen mobilidade nas extremidades ou sen oído, características que tratamos de normalizar.
O xoves visitamos as distintas clases de 1º da ESO para dar a coñecer a nosa asociación. Contamos cando e onde foron os nosos inicios, como fomos mudando ao longo do tempo e o principal valor que . queremos transmitir: a inclusión. Para isto foi imprescindible falar do TEA, trastorno neurobiolóxico presente dende o nacemento que acompaña á persoa durante toda a súa vida. Se queredes máis información, non dubidedes en preguntarnos!! 👌
Para dinamizar a charla e, unha vez máis, facer que o alumnado se puxese nos pés doutras persoas, exemplificamos a través do xogo características que pode ter a xente con TEA, como a híper sensibilidade, a falta de comunicación verbal ou a dificultade con respecto ás habilidades socio-emocionais. Ademais, presentamos os pictogramas, material moi empregado para a comunicación con nenxs con este diagnóstico. Ata elaboraron secuencias de tarefas con eles!!
Despois de cada xogo reflexionamos o aprendido. Á súa vez, tamén contamos algunha que outra anécdota vivida durante estes anos. E respondemos encantadxs ás preguntas xurdidas 😊
Nós a verdade é que o pasamos moi ben e que estamos moi agradecidxs de que contasen connosco, así como da gran participación dxs rapacxs na escoita e as actividades. Por seguir traballando na inclusión!! 💙
Comentarios
Publicar un comentario