Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2023

Eu podo, ti podes, podemos! #ciamariacompostela

Imaxe
Boas, feiticeirxs!! 👀 Énchenos de ilusión subir esta entrada na que vos contamos que, un ano máis, o Colexio Plurilingüe Compañía de María de Santiago contou connosco nas súas xornadas de Eu podo, Ti podes, Podemos 💪 Nesta semana, a institución promove en todas as súas etapas (infantil-bacharelato) a visibilización da diversidade. Para levar a cabo dita tarefa contacta con entidades que traballan con persoas con diversidade funcional, o que permite coñecer diferentes realidades, promocionar o seu labor e fomentar a inclusión. ❤️🧡💛💚💙💜🖤🤍🤎 O luns traballamos con Educación Infantil a introdución do concepto e o lema que as xornadas escolleron este ano: A diversidade fainos medrar. Afirmación coa que, coma non podería ser doutra forma, sentímonos moi representadxs. Para levar a cabo a actividade partimos dende a lectura, escollendo os seguintes contos segundo o curso concreto: Por cuatro esquinitas de nada (3 anos) Cirilo el cocodrilo (4 anos) El monstruo rosa (5 anos) Se non ...

Marzo con nós 🌞

Imaxe
Olaa de novo feiticeirxs! Que tal estades?😊 Como xa sabedes, o día 4 de marzo fixemos unha actividade pola nosa cidade, Santiago de Compostela. A pesar de que só foi pola tarde, pasámolo xenial todxs xuntxs realizando un xogo de cidade e aprendendo cousas novas💭🤔. O punto de encontro foi nas Marías (seguro que todxs as coñecedes) e alí, unha vez chegadxs todxs xs participantes, fixemos algún que outro xogo de presentación para coñecernos mellor😄. A actividade principal, como comentabamos, foi un xogo de cidade onde, por grupos, xs participantes debían lograr superar unha serie de probas (divertidas, culturais, de imaxinación, creativas…). A verdade é que era un pouco “misión imposible” conseguir facelas todas, pois eran bastantes en pouco tempo… e por iso xs participantes debían ser moi rápidos🏃🏻‍♀️🏃🏽.  Despois de tanto movernos necesitabamos repoñer forzas, así que decidimos merendar na Alameda🍌🍓🍪, e aprobeitamos para contar uns contos😝. Antes de despedirnos, estivemos...