Nova incorporación 👀
Sorpresa!!! Ola de novo feiticeirxs🤪, canto tempo sen pasarnos por aquí, pero…xa estamos de volta‼ Xa demos comezo á nova tempada de inverno, aínda non te enteraches⁉ Aínda que intentamos explicar tamén todo por aquí, recomendámosvos que nos sigades nas outras redes sociais, pois por alí estamos máis activxs☺. Temos moitas novas que contarvos, así que comecemos por partes! En primeiro lugar, queremos presentarvos a un novo membro da asociación…seguro que todxs estades pensando nunha persoa, pero non! En realidade estamos a falar do primeiro boneco de Feitizo🤭…sisi, tal e como o ledes, a que soa divertido?? Pois se o queredes coñecer en persoa, tan só tedes que vir ás actividades…a diversión está asegurada🥳 Como vedes, é fiel ás nosas cores, recordades o seu significado? Para aquelxs máis despistadxs, lembrámosvos que tedes unha entrada neste mesmo Blog coa explicación do noso logo 😜 Agora estarédesvos preguntando…que actividades🤔? Pois ben, durante o inverno faremos unha acti...