Actividade marzo 🌞
Boas feiticeirxs!!! 😁 Traémosvos unha nova actividade para compartir tempo convosco o próximo sábado 4 de marzo. Nesta ocasión gozaremos dunha espléndida tarde en Santiago de Compostela. Moitas veces pensamos que coñecemos aqueles lugares nos que nos movemos ou que temos preto, mais o certo é que sempre hai algo novo por descubrir. Animádesvos a facelo xunto a nós? A través de xogos, actividades e historias coñeceremos un pouco máis da cidade, e tamén nos coñeceremos entre nós!! ✌ Adxuntámosvos, coma sempre, o cartel coa información correspondente. Tal e como podedes observar, a actividade é de balde e a data límite para inscrivirse é o vindeiro 1 de marzo, non vos esquezades 👀 Para calquera dúbida, sodes libres de escribirnos por instagram (@asociacionfeitizo) ou por gmail (@actividadesfeitizoasociacion@gmail.com). Unha vez máis, gracias polo apoyo e a confianza. Esperámosvos 😜