Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2023

Actividade Xaneiro 🔅

Imaxe
Ola de novo feiticeirxs!! 👋 O vindeiro sábado 28 de xaneiro realizaremos unha nova actividade. Desta vez iremos a Ponteceso, unha vila galega a carón do mar. 🌊 Gozaremos dunha divertida xornada realizando numerosas actividades. Visitaremos, pola mañá, o “Museo Etnolúdico de Galicia”, lugar onde os xoguetes son os protagonistas. Alí encárganse da conservación, da investigación e da difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo e o deporte tradicionais, así como a historia do xoguete. 🚁 Ao rematar estar visita teremos tempo para comer e tamén para gozar de tempo libre con compañeirxs e amigxs coñecendo esta vila galega. Pola tarde, desplazarémonos para visitar o “Eco-museo Forno do Forte”, un conxunto de casas antigas de familias alfareiras. Alí teremos unha visión da vida tradicional antiga e poderemos elaborar unha peza de barro para coñecer de primeira man os traballos artesanais e a súa elaboración. 🔄 Agardamos que esta actividade sexa do voso interese e nos ...