Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2022

Actividade maio 🌳

Imaxe
Olaa de novo feiticeirxs!! Que tal todo?? Xa non queda nada para comezar o verán☀️😍!! Vendo o éxito da primeira actividade, non puidemos resistirnos a ofertar outra e, esta vez…visitamos Padrón en tren🚂🤪!! Supoñemos que vos preguntaredes o porqué deste destino, pois ben, ademais de ser un lugar con rincóns moi bonitos, é coñecido por ser o pobo no que viviu Rosalía de Castro, unha escritora galega que seguro que todos e todas coñecedes😉. Comezamos a mañá cuns xogos de presentación para coñecernos (aínda que xa había moitas caras que nos sonaban😜) e coller un pouco máis de confianza para pasalo o mellor posible! A continuación, como non podía ser doutra forma, visitamos a Casa-Museo de Rosalía onde nos fixeron un breve percorrido da súa vida. Tamén poidemos escoitar algunhas das súas obras como “Cantares Gallegos” ou “Follas Novas” e vimos unha recreación de como era a casa cando ela vivía🤩.                          ...