Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2022

Actividade abril 💥

Imaxe
 Ola feiticeirxs!! Que tal estades??🤪 Tal e como vos contamos na nosa presentación, temos dous proxectos, e querémosvos presentar a primeira das actividades dun deles. O pasado sábado, día 30 de abril, tivemos a sorte de pasar o día con algúns e algunhas de vós en Santiago🤩. As persoas que non puidestes vir seguro que vos preguntaredes que estivemos facendo, así que non vos imos facer esperar máis para coñecelo!!! Comezamos o día reencontrándonos todxs na Alameda e aprobeitamos para realizar un breve xogo mentres esperabamos a que estivese o grupo completo. Unha vez que estivemos listxs, collimos rumbo á Praza do Obradoiro, onde fixemos xogos de presentación para coñecernos e recordar nomes, ao mesmo que tempo que gozamos das vistas da fachada da Catedral de Santiago e coñecimos pequenos detalles sobre ela😊. Pouco tempo despois, visitamos o Museo da Maxia 🪄, onde nos recibiron con moitas ganas de ensinarnos trucos incríbles, deixándonos ser partícipes de moitos deles e onde nos...

Que significado ten o logo que nos representa? 👀

Imaxe
Entramos nunha nova era para Feitizo e, como non podía ser doutra forma... presentámosvos o noso logo!! Como xa vos imaxinaredes, o logo é algo que identifica á familia que formamos entre todos e todas e, polo tanto, ten escondidos moitos valores que nos representan 😊 Ás persoas que levades tempo con nós supoñemos que xa vos sonará, aínda que teña unhas pequenas modificacións. Seguro que nunca vos parastes a pensar no seu significado, verdade? Pois para nós é un pracer poder explicárvolo... Como podedes ver, o noso logo está conformado por tres manchas de cores. Cada unha representa un valor: - A cor verde simboliza a esperanza, a ilusión de todas as persoas que fan que esta asociación siga adiante 💚 - A cor azul representa a diversidade, concretamente o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), pois xa sabedes que todas as persoas teñen cabida na nosa familia 💙 - A cor vermella simboliza o corazón de todas as persoas que se unen a nós 💘 Pola súa parte, as mans brancas que vemos sobr...

Benvidos e benvidas ao noso blog! 😋

Imaxe
Despois de moitos anos de actividade, decidímonos, por fin, a crear unha páxina accesible a toda persoa usuaria de Internet para que poidades obter información sobre nós dunha forma rápida e sinxela. Comecemos pola presentación. Somos a  A s o c i a c i ó n   F e i t i z o , unha asociación sen ánimo de lucro dedicada ao ocio e o tempo libre inclusivos. A nosa actividade comezou no ano 2009, en O Pino, co obxectivo de dinamizar dito concello e ofertar posibilidades de ocio e tempo libre. Pouco a pouco fomos medrando e, na actualidade, somos un gran equipo de persoas voluntarias as que, xunto cos feiticeiros e feiticeiras que nos acompañan (persoas participantes), facemos posible esta labor nos concellos de Ames, Teo, O Pino e Santiago de Compostela. Temos  dous proxectos , un que se leva a cabo durante a época escolar e outro desenvolto na tempada de verán. O primeiro deles consiste na realización de actividades mensuais, xeralmente os sábados, co obxectivo de coñecer o p...